A ti…

Interpretado por Ana Rama

"A ti..."

A ti, que es terra,
auga,
brétema...
Luz de pura estrela...
Fraga sen linde…

Que habitas fora das súas celas…
Ceibe dos seus xuízos,
coma bágoa 
na beira de cada meixela…
Coma sorriso 
da tristura esquecida nos beizos…

Que cando choro,
choras…
Que cando loito,
loitas…

Que cando sufro,
sofres…

A ti…
Aparente fraxilidade…
Fermosa danza no ceo…
Berce…
Fogar…

A ti, que es cada muller,
Sangue do meu corpo…
A ti…
Buscareiche sempre no meu espertar…

(Xoanxo, 2019)

No ar do tempo

Interpretado por Anuska Vázquez

"No ar do tempo"

Coma tinta negra
nun anaco branco 
de saba vella…
Eu soñei...


Soñei naquel anaco branco…
Na procura da súa peza enteira…


E baixo a sombra dunha árbore senlleira…
Ceibe do ar e os seus ventos…
Escrava das trebas do tempo…
Fun viaxeira de días enteiros…


Paseniño fun espertando…
E mentres as carnes daquela rapaza,
ancorada a un camiño incerto…
Tornábanse muller…
Facíanse nai…
Os soños coa terra fóronse mesturando…


Hoxe xa non quedan anacos brancos
de sabas vellas…
Só cores en lenzos sen nome…
Só ollos abertos…
Sendeiros que fai tempo
deixaron de ser forasteiros…


Hoxe, lonxe daquela árbore senlleira…
Da súa sombra esquecida…
Ceibe do ar e os seus ventos…
Escrava das trebas do tempo…
Sigo a ser viaxeira de días enteiros…

(Xoanxo 2019)

La Puerta Abierta

Interpretado por Montse Rodríguez.

"La Puerta Abierta"

Quisiera...Que un regazo infinito
acogiese vuestra mirada ingenua...
Que no hubiese preguntas huérfanas
buscando respuesta...


Que en un abrazo sincero...
se fundiese todo el dolor que os habita...


Que vuestras viejas cicatrices
como si nunca existieran...
Se desvaneciesen...
en el amparo
de mis lágrimas de impotencia...


Que en mi vergüenza ajena...
Me permitierais ser...
Vuestro regazo infinito...
Vuestra respuesta eterna...
Vuestro abrazo sincero...
Vuestras lágrimas de impotencia...
Quisiera...
Que me permitierais ser...
Vuestra puerta abierta...

(Xoanxo 2019)

Mírame

Interpretado por Carmela Corbelle.

"Mírame" 

Mírame ben aos ollos…
Pérdete nos seus adentros…
Mírame…

Mírame
ata que deixes de verme muller…
Ata que nos atopes espidos
nesta loita do principio dos tempos…
Neste xugo que semella eterno…
Mírame…

Mírame
ata que sen vergoña 
descubras o noso pasado…
O noso futuro…
A nosa morriña dun fogar esquecido…
Fogar…Do que nunca fuximos…
Ata que lembres a derradeira bágoa
que xuntos fixemos brotar…
Naquel peito namorado…
Naquel fogar esquecido…
Fogar…Do que nunca fuximos…
Mírame…

Mírame ben aos ollos…

Mírame
ata que deixes de verme muller…

(Xoanxo, 2019)