Solpor de outono… Versos que agora esvaran entre beizos espidos de muller…
Ceibe da súa mudez… Os seus berros furan o ar coma balas zoando nun silencio no que tantas só puideron calar…
Ollos, agora orfos, coa mirada perdida procuran, sen atopar, un porqué aquela man de pai… A mesma que nun tempo tanto lle acariñou… Aquela mesma man… Agora asasina… Arrebatoulle a súa nai…
Ceibe da súa mudez… Os seus berros furan o ar coma balas zoando nun silencio no que tantas só puideron calar…
Coas bágoas salgadas nubrándolle os sentidos… Sinte as rúas molladas bruar…
Nin unha máis!!! Nin unha máis!!! Dicían…
Mentres nun solpor de outono… Un poeta escrebe versos que agora esvaran entre beizos espidos de muller…